Os programas útiles para poder seguir este curso son: un editor de textos para escribir as páxinas HTML, servidor web para aloxalas, validadores de código para certificar que se cumpren os estándares e un navegador para probalas
Como editor pode usar calquera editor de texto, pero terá que gravar os arquivos con extensión .htm ou .html
Recoméndase o programa gratuíto HTML-Kit, basado en HTML-Tidy, que é un sinxelo e amigable editor orientado a linguaxes Web (HTML, XHTML, XML) pero configurable para calquera linguaxe. Proporciona información sobre as etiquetas, permite detectar código non estándar e incluso transformar código HTML en código XHMTL. Dispón de axuda en español.
Para deseñar follas de estilo ou .CSS recoméndase o programa Top Style Lite, que na súa versión reducida (Lite), é gratuíto e permite deseñar estulos utilizando unha inferface amigable
Unha operación útil a realizar coas páxinas Web é chequealas para se cumpren os estándares de W3C. Unha vez validadas, pódense incluir os iconos de validación e incluso poñer un enlace ao validador para demostralo.
Por exemplo, a seguinte imaxe informa que o código está validado para XHMTL 1.0 e o enlace demostra a validación.
Os validadores non solucionan todos os problemas que poida ter unha páxina, pero poden detectar algúns. A detección dun erro nunha liña de código pode xerar unha falsa interpretación do resto do código por parte do validador, polo que se xerarán moitas mensaxes de erro. Por este motivo aconséllase solucionar o primeiro erro, volver a validar e repetir o proceso ata que tódolos erros estean arranxados.